viernes, 10 de agosto de 2012

A Costureira


           


 

As ferramentas dunha costureira. Unha máquina de man, ( si na casa non tiñan máquina) tixeira, xaboncillo, cinta métrica e un canuto con agullas e alfileres.

 O ser costureira nun pobo, era un privilexio pra aquela co fora. A costureira era unha moza a quen os mozos fitaban como algo bon. O ser mozo dunha costureira facia dar lingoa algunha comadre criticona siñalando o camiño do casoiro.
                            Non todas se casaron, algunha quedou pra vestir santos,pois chea de fachenda polos remilgos cos mozos coitadiños lles facián,elas medraban e algunha miróu por enriba do hombro a algun mariñeiro, que de boa fe e bos sentimentos achegouse ailas.
                           Cando ían polas casas, había que facer algo bon, porque estaba na casa a costureira.
                           O mesmo facía vistidos pras mulleres que traxes prós cativos en vispras de festa cueiras e perneiras nos calzós dos homes,fundas dos cabezales e colchós, botar pezas nas sábenas, zurcir e rematar todo o rachado.

                       .De verdade que, as amas de casa,o día cunha costureira entra pola porta, era día de festa.
          
     
  cogida imagen
http://www.estilo-in-diferente.com/2009/10/trabajo-de-chinos.html
                          
             

No hay comentarios:

Publicar un comentario