Playa de Morazón, en plena pesca
Bou:
era un aparello de arrastre cas autoridás da Mariña non deixaban
traballas con íl,por sere unha raspeira, pois por onde pasaba,
arrasaba tudo. Estaba consentido como patexeiro,era o aparello dos
probes e, graceas a íl,houbo pan en moitos fogares. Dende a pedra
das Anemas e por fóra da illa,Pulgueira prá terra, tudo era
verdello, tan medrado, como o trigo no mes de Maio. Nel, cobixaba
tódolos peixiños que había na ría,
chocos,calamares,salmonetes,linguados, fanacas e outras crases.
Cando os mariñeiros non podían
sair a mares lonxes,sempre tiñan o verdello ó pé da porta, para
despóis de moitos lances, pescar para sair do día.
Co bou, no inverno e na
ensenada de Cirro, en Lorbé, téñense pescado milleiros de centolas
nunha noita. Chegado o vrau, nas praias de Valdoviño. Cobas,
Chanteiro e outras,carregábanse as embarcaciós de patexo ( cangexo
que servía para abonar as terras). Cada lancha arrimaba o seo
costado catro ou seis carros con cainzos do pais que, tirados por
unha parexas de bois,facian chirriar os eixes dos carrros co peso que
levaban.
Palangre:
Encarnaban os anzols con chóco, parrocha ou xurelos,dende Ortegal a
Fisterra, toda a “Costa da Morte”, ensenadas, furnas, pedra a
pedra, conociánas os mariñeiros de Sada,que boas caladas de
concríos teñen desembarcado no muro da Cruña.
Boliche: O mesmo có Bou, foi arredado do mar por sere aparello de arrastre.Poden falar dil as praias de Miño, Arnela, Morazón e outra; iste aparello,endenantes de largalo ,xa de vispra,había que gañar a “ posta”. Consistía en ire coa lancha á praia unde se queria dar o lance,levantar un remo e deixalo caer ó mesmo tempo berrando-!postaaa!- era a siñal ca “posta” estaba gañada,e xa ninguén podía pescar alí.
Ó outro día largar cabos á terra e alar do aparello, homes mulleres e nenos.Despois,ó raer,facíanse o reparto da cazola, que sería maís ou menos abundante asegún o que se pescase. Nas praias onde houbera bañeiros,tamén istos metían mán ós cabos e tiraban dos aparellos.Algún calamar,salmonete ou lenguado levaban prá casa. Prós bañeiros, cando o boliche estaba largo, era un espeutáculo que non deixaban de ver.
XEITO:
É o aparello más probe, pois non facía mal a ninguén;
armábanse de algunhas pezas que se xuntaban unhas a outras, antepor
de largado, tendíase a todo ó longo no mar e cóte ó través da
corrente, buscando a aguazón.Rede de frío endevre, cotada a dúas
traias, a da pedreira ia do corcho, cun alto de cinco brazas. Na
traia de corcho, repartíanse boias de dez en dez brazas as que
servían para ter a rede aberta e non tocase no fondo cando o calado
era moito.
Iste aparello tiña tres
lances: o asexo,despóis da posta do Sol; o amanexo,
antes de abrir o día. ia galga, cando Sol estaba alto.
Ó escurecer,saían pró mar os xeitos. Se facía vento,
tódalas lanchiñas e botes izaban as súas velas;se estaba calma,
armaban os remos, e bogando,buscaban ús e outros a maneira de largar
sin empezer. Si se corría a soa de que en Coitelada andaba a
sardilla, para aló ían todos; que se na praia de Miño, pois a
largar dende Gandarío para fóra.
Xá de noite,cada embarcación
ía por aceso ó seu farol e, de verdade,asomellaban as lanchiñas no
mar ,un pobo en día de festa. Despoís de largalo o xeito, o peixe
quedaba mallado e tiña o seo tringulís para sabere devagalo: non
lle romper a cabeza nin lle abrir as agallas.Iste aparello tilla os
seus nemigos; eran os delfís ias fouliñas;istos peixes, ó fitar as
sardiñas malladas na rede,brincaban dispostas prá esmorgar.Foguetes
e tumbos nas lanchas para facer fuxilos,mais por unde iles pasaban,
levaban diante deles anacos grandes de rede.Facían moitos derramos
nos aparellos.
Sada,Ares e Redes eran os dous
portos unde había xeitos, cando todos saían ó mar,enchían a ría.
Para enxoitar as redes,tiñan unhas cábrías que eran us paus de
pino cravados na ribeira.
Os derramos nos aparellos,cando
os buracos eran grandes,cosíanse con anacos dunha pezá vella.
Rapeta:O mesmo ca tarrafa
e racú,son aparellosde cerco con traias e xaretas que cerra o saco
pola pedreira,quedando ansí o peixe embolsado.
Istos eran os aparellos que, con
fartura,enchían os pios das fábricas de conservas e salazós.O
mesmo cercaban sardiña, parrocha, bocarte,xurel,
xarda,lubina,calamar e todo o que se meta no saco,largaban os
aparellos mesmo de noite que tamen polo día.De noite,ó arder as
aguas,os mariñeiros coñecían a crase e cantidade de peixe que
había, por onde iles pasaban.
Cunha choupada qur se dese, se
había peixe,acendíase as aguas do mar intre que se aproveitaba para
facer o lance. De día, o cerco facíase cando o mascato, aro,ou
gueivota, dende o alto ceíbábanse o mar,alí atopábase o arreallo
ou mansio.
A lancha da rapeta levaba dez
ou doce homes,con cinco remos por banda, máis o do patrón.Dous eran
os largadores,o da pedreira ia do corcho. O largador do cor cho,que
ter forza,pois,ademáis de largar as traias do corcho, tiña que
coller brazados de rede e ceibalos, candomáis lonxe do costado da
lancha, moito millor.
Racú: f,
mais cativo cá rapeta, e por iso largábase onde a rapeta non o
podía facer.
Tarafa: Unha
rapeta embarcada nun
barco con caldeira de vapor, que mesmo traballada na ría que ía
lonxe en percura de atopar o peixe. As tarrafas, buscaban os mansíos
ou arreallos en lonxes mares.
Non
tiñan falla de radar, nin outros trebellos eleutrónicos, para saber
onde estaba o peixe, facendo o arreallo ou mansío.Son as fouliñas e
delfís os que fan,escomenzan a dar voltas e máis voltas, hastra
xuntar o peixe,mesmamente o que fai o cán do pastor para xuntar as
ovellas, telas no pacedoiro ou levalas prós corrás; ansí fas as
fouliñas e delfís,pra unha vez o peixe xunto, ir pouco e pouco
zampando nel. Maís istos eran descobertos por outros animaliños que
voando moi outo,xuntaban as ás, para deixarse cair no mar e ir
comendo o que deixaban as fouliñas e delfís. Eran os mascatos,
alcatrás e gueivotas.Istos famentos voadores eran os que, dende
lonxe, se deixaban ollar polas tarrafas, as que botando carbón ó
forno ia toda máquina, ían a onde estaba a arreallo, facendo fuxir
as fouliñas e golfís para facer o cerco.
A Rapeta da braba:era
coma o bou, pro con máis alto de perna e menoa copo,ou saco, e tamén
a maia meirande.Largábase nas
praias de moita rmpenta: Froixela, Palleiro. Santa Comba,.Pantín e
outras. Tódolos mariñeiros tiñan que sere moi bos, pois unha
pequena falta mariñeira, podía poñer en peigro a vida dos
compañeiros. Pradar o cabo á terra, entraban na praia de
popa,ciando e fitandoo golpedemar,Ó bricar o home á terra co
chicote do cabo, bogan con toda a forzapra fóra,largando cabo e rede
e volta outra vez prá praia. Alan polas dúas pernas faiase o cerco
e a embalsar o que houbese no cópo; sargos, rodaballos,róbalos e
robalizas.
Tramallos,
betas,medio mundos, liñas, nasas e paxe,eran os aparellos que tiñan
os mariñeiros de Sada.
Tal e como o escribíu Emilio Santos.