viernes, 13 de julio de 2012

AS PRIMEIRAS BAÑEIRAS EN SADA



    AS PRIMEIRAS BAÑEIRAS EN SADA  


A comenzos do século 20 e endenantes, viñan a Sada as bañeiras nos primeiros días do vran, en perfeuta ringleira en carruaxes tirados por cabalos. Viñan tomar ús baños en percura de facer ben ó reumatismo e outros doores.
Traguían con iles: ovos, xamón, chourizos, touciño e pan de millo ou centeo, para nove días. Os baños tiñan que sere un após de outros, sin esquencer un, chovese ou fixera sol, nove días, nove baños.

As casas de moitas familias de Sada combertiase en pousadas das bañeiras; as cociñas eran pra todos. Pola noite, estraban palla ou folla de mainzo no chan, ia dormir todos xuntos.

Na praia,cando tiñan que poñerse espidas, xuntábanse unhas a outras e, cunha sáboa, tapándose namentras ían polo bañador que, a máis das vegadas, era un saco dos da fariña con tres buxeiros na cueira, o buxeiro da metá servía para meter a cabeza, e polos currunchos os brazos. Abofé era unha peza xeitosa e folgadiña. Algunha que era algo costureira, facíalle o saco un ribete por tódalas veiras,duns coores chameantes.

Póla noite, aturuxos, cónchegas,pandeirada e, ademáis baile de organillo. Coas bañeiras, adeprendemos a bailar tódolos nenos daqueles tempos. Villalba, Guitiriz, Parga, Rábela, Sobrado, Aranga,Coiros e outros pobos eran donde viñan.

Escribo "AS PRIMEIRAS BAÑEIRAS EN SADA" Tal y como lo hizo Emilio Santos.
                     

No hay comentarios:

Publicar un comentario